CRTVG

Buscar

Pendentes das PCR aos xornaleiros da Terra Chá

Publicado o 12/08/2020 21:31

Os invernadoiros de Begonte e Cospeito estiveron este mércores baleiros. A empresa parou mentres agarda polos resultados das 150 PCR feitas entre os seus traballadores.

Con só seis positivos e 50 illados, a actividade mantívose estes días cos xornaleiros que ían dando negativo nas probas.

Neste mes traballan arreo na recollida de amorodos, framboesas e os últimos arandos da tempada. Pero o plan para os vindeiros días depende agora do resultado das últimas probas. De haber moitos positivos, terían que parar a recollida. Neste senso, a dirección da empresa di que segue as instrucións que llles dá a consellería de Sanidade.

En toda a provincia de Lugo hai nestes momentos 84 casos activos de covid-19, 24 deles na Mariña.

No resto de Galicia, hai un novo brote na cidade de Ourense. Trátase dunha parella e o seu fillo. En toda a provincia hai un total de 10 gromos e 54 afectados polo virus.
En Vigo, mantéñense estables dez gromos. O máis importante é o de Gondomar, con 7 positivos nunha xuntanza de amigos. Na área sanitaria hai un total de 116 persoas con coronavirus.

Pontevedra ten 45 casos de covid-19 cun gromo de 12 persoas afectadas en Caldas. Todos os afectados recupéranse na casa. Santiago ten outros 45 enfermos polo virus.

Noticias web

12/08/2020