CRTVG

Buscar

Pendentes das enchentes dos ríos na Terra Chá

Publicado o 16/11/2019 09:49

Tamén seguimos moi pendentes das enchentes dos ríos, especialmente na provincia de Lugo. Nalgúns puntos da Terra Chá a auga asolaga os campos e algunhas pistas locais, que tiveron que ser cortadas ao tráfico. Pídese moita precaución aos que circulen pola zona, xa que se poden atopar con bolsas de auga na estrada. Pouco a pouco a situación mellora pero seguen en prealerta os ríos Ladra e Labrada. En Viveiro, a alerta está no Landro, na parroquia de Landrove; e na cidade de Lugo, o Miño.

 

Noticias web

16/11/2019