CRTVG

Buscar

Pelexa en pleno voo nun avión que se dirixía desde Amsterdam a Eivisa

Publicado o 02/08/2020 20:02

Pelexa en pleno voo nun avión que se dirixía desde Amsterdam a Eivisa. O motivo, a negativa de dous dos pasaxeiros a facer uso da máscara. O resto da pasaxe recriminoulles a súa actitude. Entón, un deles, que amosaba síntomas de estar bébedo, comezou a agredir un dos que lle chamaba a atención, desatando unha pelexa no interior da aeronave. A compañía KLM informa de que os dous homes foron detidos pola tripulación de cabina e arrestados á súa chegada á illa.

Noticias web

02/08/2020