CRTVG

Buscar

Peixeiras de Vilagarcia súmanse á App "Too good to go" para evitar desperdicios

Publicado o 21/05/2020 14:11

Cada ano tiramos ao lixo máis de 1300 millóns de quilos de alimentos en España. Para loitar contra este desperdicio naceu o movemento mundial "Too good to go". A través dunha aplicación de balde, os negocios de alimentación desfanse do excedente que está en bo estado e os usuarios mércanos a un terzo do seu valor. Eva e Rosi son duas peixeiras de Vilagarcía que se sumaron hai un par de semanas á iniciativa.

No seu caso, ao final da mañá preparan paquetes sorpresa co produto non vendido, que os clientes mercan a través da aplicación por 4 euros con 99, malia que o seu prezo no mercado sería de 15.
Aseguran que a iniciativa está sendo un éxito e que ademáis obteñen un dobre beneficio: non tiran produto ao lixo e captan tamén novos clientes.

En Galicia, máis de 60 establecementos do sector da alimentación sumáronseao ao uso desta aplicación.
 

Noticias web

21/05/2020