CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez tivo que escoitar as protestas de varios presidentes autonómicos, críticos co goberno

Publicado o 10/05/2020 16:25

A novena videoconferencia que os presidentes autonómicos mantiveron con Pedro Sánchez e parte dos seus ministros xirou arredor das ordes publicadas nos últimos días polo BOE e da análise da evolución da desescalada. Houbo presidentes de varias comunidades que pediron aclaracións sobre os criterios fixados para o cambio de fase; os máis críticos foron os presidentes de Andalucía e a Comunidade Valenciana, Outros presidentes focalizaron as súas discrepancias no reparto dos 16.000 millóns de euros do Fondo de Reconstrución.

A novena conferencia de presidentes celebrouse esta mañá, xusto o día antes da entrada na fase 1 para algo máis da metade da poboación española. 

Noticias web

10/05/2020