CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez tentará desbloquear a súa investidura a partir da semana vindeira

Publicado o 09/06/2019 14:36

A vindeira semana vai ser intensa desde o puntos de vista político. Os partidos afinan as súas estratexias pactistas e Pedro Sánchez vai iniciar a rolda de contactos parlamentarios co obxectivo posto na súa investidura. Podemos insiste no goberno de coalición e desde o PSOE son conscientes de que Sánchez dificilmente pode saír presidente nunha primeira votación, na que necesitaría maioría absoluta.

Chegou o momento de conseguir apoios concretos para a investidura e Pedro Sánchez comezará a rolda de contactos o martes no Congreso reuníndose cos líderes do PP, Ciudadanos e Podemos, despois de recibir o encargo do Rei. As posibles combinacións continúan moi abertas, sobre todo nun contexto de negociacións multibanda co fin de constituír, a semana vindeira, as corporacións municipais.

Podemos inistía esta fin de semana na súa estratexia de fomar parte dun goberno de coalición e Pablo Iglesias sinalaba, en ton de desconfianza, que Sánchez prefire a abstención de Ciudadanos para a investidura: "Non encontrou a dereita para gobernar, malia que boa parte dos poderes económicos no noso país presionaron e presionan, de feito, a Ciudadanos para que facilite un goberno de Pedro Sánchez".

Desde fontes próximas á Moncloa tamén transcendía esta fin de semana que Sánchez está convencido do apoio final de Podemos con algún acordo programático e sen coalición de goberno, debido a que Pablo Iglesias teme hipoteticamente un anticipo electoral.

Nesta situación, Ciudadanos mantense firme no voto en contra da investidura de Sánchez, malia o recurso da visita do líder socialista a Macron, que diversos observadores interpretaron como un intento de presionar a Rivera. E tal como están as cousas, todos sons conscientes de que Pedro Sánchez xoga as súas bazas con vistas a unha maioría simple nunha segunda votación, tendo en conta que a maioría absoluta na primeira está practicamente imposible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019