CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez sinala que "España necesita un goberno en xullo" e pide que se facilite a gobernabilidade

Publicado o 29/06/2019 14:55

Desde o Xapón, o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, aseguraba hoxe que "España necesita un goberno en xullo". No marco do cumio do G-20, Sánchez explicaba que non hai alternativa ao goberno socialista e fíxolles un chamamento a Podemos, Ciudadanos e o PP para que "non bloqueen" a formación dun novo executivo.

Pedro Sánchez: "España non se pode parar, non se pode parar, non se debe parar. España necesita un goberno no mes de xullo, non en agosto, non en setembro, non en outubro, no mes de xullo. Temos por diante a aprobación dos presupostos xerais do Estado, temos por diante a aprobación de medidas de avance social, de transición ecolóxica, de recuperación e reconstrución de dereitos e liberdades que foron desmantelados".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019