CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez reúnese este luns con Casado e Arrimadas

Publicado o 15/12/2019 15:47

A semana que comeza vai ser clave nas negociacións para encarreirar a investidura de Pedro Sánchez, que se votará nun debate aínda pendente de data.
Este luns comeza a rolda de contactos do presidente do Goberno en funcións cos líderes dos partidos. Está previsto que ás nove e media da mañá se reúna co líder do PP, Pablo Casado, quen xa insistiu no voto negativo do seu partido á investidura de Sánchez, e apelou a Ciudadanos a que se absteña. Despois será a quenda da voceira parlamentaria da formación laranxa. O encontro entre Pedro Sánchez e Inés Arrimadas terá lugar sobre as 11 da mañá. Pola súa banda, Vox xa anunciara a súa negativa a participar nesa rolda de contactos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/12/2019