CRTVG

Buscar

Sánchez, ao PP: "O único instrumento para salvar vidas é o estado de alarma"

Publicado o 05/05/2020 16:55

Segunda sesión control ao Goberno desde a declaración do estado de alarma, e primeira á que acode Pedro Sánchez. A tregua política durou o minuto de silencio que os senadores gardaron polas vítimas da COVID-19

"Señor Sánchez, benvido. Dichosos os ollos", ironiza Lorena Roldán de Ciudadanos."Acudín en dez ocasións ás Cámaras, nove ao Congreso dos Deputados e con esta, son dúas as veces que comparecín a render contas no Senado. Evidentemente, a vontade do Goberno e a miña en particular é, sin ningunha dúbida, seguir rendendo contas", responde Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

A prórroga do estado de alarma monopolizou as preguntas ao presidente do Goberno.
"Vostede solicitou a prórroga do estado de alarma nunha rolda de prensa. Vostede amenazou 47 millóns de españois con quitarlles as prestacións sociais e cun caos sanitario se non se prorroga o estado de alarma", afirma Lorena Roldán de Ciudadanos.

"Vostede que goberna co Partido Popular na Comunidade de Madrid e tamén en Murcia, como pode facer o Goberno de España ou como pode evitar que se poidan desprazar os madrileños ás segundas residencias en Murcia, se non é co estado de alarma?. Señoría, non hai outra alternativa, non hai outra alternativa", asegura Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

Críticas de Ciudadanos á cuarta prórroga e tamén do Partido Popular."En marzo, señor presidente, o estado de alarma era unha ferramente para protexer os españois, seguir facéndoo, sine die, é só unha ferramente para protexelo a vostede", di Javier Maroto do PP:

"Polo menos dos dous principais partidos do país espérase, deséxase un acordo para que haxa, precisamente, esa prórroga do estado de alarma nesta desescalada que temos para as próximas semanas. Creo, señoría, que é o que están facendo todos os países de Europa", asegura Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

Noticias web

05/05/2020