CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez presentarase á investidura malia que non teña os apoios suficientes

Publicado o 25/06/2019 14:52

Pedro Sánchez, que hoxe inaugurou o tramo do AVE entre Antequera e Granada, viaxa esta semana ao Xapón e despois a Bruxelas, por iso a segunda semana de xullo semella a máis probable para celebrar o debate de investidura. O líder socialista non quere prolongar indefinidamente as negociacións, e vai presentarse á investidura malia que non teña atados os apoios necesarios, din fontes de Moncloa. Dende Podemos cren que esta estratexia é irresponsable.

"Non me cabe na cabeza que algúen que tén encomendanda a tarefa de reunir os votos suficientes vaia ao pleno do Congreso sen facer as tarefas", dixo Rafael Mayoral.

Hai poucos contactos en privado, pero si mensaxes en público. A vicepresidenta pide a abstención de PP e Ciudadanos, e descarta o goberno de coalición que pide Podemos.

Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións, asegura que "Esa non é a fórmula da democracia. Casado tén que ir á hemeroteca, e Rivera tén que entender que levou o seu partido á extrema dereita"

En Moncloa agardan que a crise aberta en Ciudadanos abra unha vía para facilitar esa abstención.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019