CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez non irá á investidura se non ten os apoios garantidos

Publicado o 29/11/2019 19:10

O PSOE e Esquerra Republicana confirman a súa intención de seguir negociando, pero semella que levan ritmos distintos. Os socialistas queren formar Goberno antes do Nadal, e traballan coa posibilidade de facer o pleno de investidura na semana do 16 de decembro.

Unha présa que non teñen os cataláns. Marta Vilalta, ERC: "Nós xa lles dixemos que non temos nada de présa, que isto non vai de días"

O PSOE está esperanzado nas negociacións cos republicanos, pero confirma que se non van adiante e non hai posibilidade de gobernar, Sánchez dará un paso atrás. Isabel Celaá, portavoz do Goberno en funcións: "Non iremos a unha investidura frustrada. Imos intentar consolidar os fundamentos que permitan que a investidura sexa un éxito"

O xa ex-ministro Josep Borrell considera que é anómalo que a investidura dependa de Esquerra Republicana.  Josep Borrell, PSOE: "Eu a Esquerra non lle chamaría un partido progresista. O nacionalismo irredento que exercen para min está nas antípodas dun goberno progresista"

O PSOE e Esquerra volveranse reunir o próximo martes, xusto o día en que se constitúen as Cortes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019