CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez di que Errejón é parte da recomposición do espazo de Unidas Podemos

Publicado o 25/09/2019 20:12

O presidente do Goberno réstalle importancia á aparición no escenario electoral estatal do partido de Íñigo Errejón. Considera que o espazo que representaba Unidas Podemos estase recompoñendo e afirma que o PSOE observa ese fenómeno con distancia. 

"Eu creo que estamos asistindo a unha recomposición do espazo que representou no pasado Unidas Podemos e as súas confluencias. Como o vexo neste caso como secretario xeral do Partido Socialista? Con certa distancia, con respecto e sen ningunha vontade de inmiscirnos en asuntos internos doutras forzas políticas".

Noticias web

25/09/2019