CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez aposta por "regalar seguridade" no Nadal para frear a pandemia

Publicado o 28/11/2020 14:23

Pedro Sánchez situaba hoxe o horizonte do seu plan goberno en 2026, varios anos despois das próximas eleccións xerais. En primeiro lugar, repasou o impacto da covid-19 e do plan de vacinación. Insistiu en que o obxectivo segue sendo baixar a 25 contaxios por cen mil habitantes e deixou un consello para o Nadal.

 "Neste Nadal é necesario que antepoñamos a precaución sanitaria a calquera outro tipo de propósito. Regalemos seguridade... regalemos seguridade a aqueles que queremos para seguir todos xuntos mañá", sinalou o líder dos socialistas,

Sánchez falou dun proxecto transformador para un sexenio, que ten como ariete os orzamentos estatais do ano vindeiro e os fondos da Unión Europea. Dos Presupostos dixo que implican o maior investimento en gasto social da historia de España:  "Estamos dando un paso contundente na aprobación dos Presupostos xerais do Estado para que o ano 2021 poidamos inxectar 27.000 millóns de euros do Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia, para que poidamos incrementar en dous puntos o crecemento anual do noso PIB a partir do ano que vén, para crear maíis de 800.000 postos de traballo de aquí ao ano 2023".

Resumiu os obxectivos de goberno para os vindeiros anos en catro grandes transformacións: unha España máis dixital, máis verde e sostible, máis cohesionada territorialmente y tamén máis feminista.

Noticias web

28/11/2020