CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez apela a formar goberno en xullo e replícanlle desde Cs e ERC

Publicado o 29/06/2019 22:00

Pedro Sánchez apela á responsabilidade de todos os partidos, especialmente de Unidas Podemos, PP e Ciudadanos, para que non bloqueen o que definiu como a "vontade da maioría expresada nas urnas".

TOT. Pedro Sánchez. "España non se pode parar, non se pode parar, non se debe parar. España necesita un goberno no mes de xullo, non en agosto, non en setembro, non en outubro, no mes de xullo. Temos por diante a aprobación dos presupostos xerais do Estado, temos por diante a aprobación de medidas de avance social, de transición ecolóxica, de recuperación e reconstrución de dereitos e liberdades que foron desmantelados".

En Ciudadanos sinalan que Sánchez "leva dous meses mareando a perdiz" e pídenlle que forme goberno dunha vez.

TOT. Ignacio Aguado. "Vanse abster os seus socios de Esquerra Republicana, de Bildu. Ben, que non maree máis a perdiz e que forme goberno. Aí teranos en fronte a Ciudadanos, defendendo unha alternativa ao proxecto de Sánchez, defendendo baixadas de impostos en lugar de subas, defendendo un país de cidadáns libres e iguais en vez de un país de nación de nacións".

Mentres, Esquerra Republicana de Catalunya insinuaba hai uns días unha posible abstención para facilitar un novo executivo de Pedro Sánchez, pero hoxe descolgábase con esixencias que remiten a un pasado próximo.

TOT. Pere Aragonès. "Xa se acabaron as escusas e remataron as escusas do goberno español para non abrir unha mesa de diálogo e encontrar unha solución política ao que é un problema político"

Desde Esquerra insisten en que "batallarán" para conseguir que Oriol Junqueras poida exercer como eurodeputado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019