Sánchez anuncia un plan de axudas de 11.000 millóns para empresas e autónomos
• Os hostaleiros de varios puntos de Galicia reclaman nas rúas axudas directas ao sector
• A Xunta, o Goberno e os concellos colaborarán para garantir unha reapertura segura da hostalería
O presidente do Goberno subiu á tribuna cun anuncio económico. Di que este ano será o da recuperación e, para impulsala, avanza 11.000 millóns en axudas para os sectores máis afectados polas restricións, que o Goberno aprobará nas próximas semanas. Para o PP chegan tarde e son insuficentes.
Sánchez prevé que os fondos europeos permitirán crear 850.000 empregos de calidade nos próximos tres anos. Cre que a situación en España segue sendo preocupante e pediu responsabilidade colectiva para evitar unha cuarta vaga, sen repetir erros do pasado.
Di que a primeira desescalada foi demasiado rápida e que o obxectivo non é salvar a Semana Santa senón baixar a incidencia do virus.
Sobre as vacinas, di que os problemas de subministración se superarán en breve e reiterou o compromiso de que o 70% dos cidadáns estarán inmunizados antes de que remate o verán.