CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez anuncia que pedirá unha nova prórroga do estado de alarma dun mes de duración

Publicado o 16/05/2020 15:43

• Sanidade vai "condensar as autoridades delegadas" doutros ministerios

O presidente di que as actas das reunións científicas "serán públicas"

 

O Goberno vai solicitar unha nova prórroga do estado de alarma. Será, segundo acaba de anunciar, Pedro Sánchez, a última prórroga que pida e, neste caso, non será por 15 días senón por un mes, para prolongarse ata o final da desescalada.

Neste período o ministro de Sanidade sería a única autoridade delegada, e xa non o serían os de Interior, Defensa e Transportes. O presidente do Goberno agarda que os contactos cos grupos parlamentarios poidan chegar a bo porto e alongar ese estado de alarma.

Tamén anunciou que o próximo Consello de Ministros ampliará en 20.000 millóns de euros os avais que o Goberno dará aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas para afrontar os problemas xurdidos con motivo da COVID-19.

Sánchez discrepou de que as axudas que se vaian recibir de Europa sexan consideradas un rescate.

 

Noticias web

16/05/2020