Pedro Puy subliña que Caballero desculpe "os continuos incumprimentos do Goberno de Pedro Sánchez con Alcoa"
Publicado o 08/06/2020 15:33
Os populares galegos subliñan a situación comprometida na que se ve o candidato socialista. Din sentir certa mágoa cando Caballero desculpa os continuos incumprimentos do Goberno de Pedro Sánchez con Alcoa.
Pedro Puy, voceiro do PPdeG: "Nas últimas campañas electorais sucedéronse declaracións de todo tipo que condicionaban a constitución dun novo goberno a solución definitiva á industria electrointensiva e non vimos que se avanzase moito nesta cuestión".