CRTVG

Buscar

Peche histórico en Peinador: só operarán voos baixo demanda

Publicado o 30/03/2020 14:27

A pandemia do coronavirus provoca dende hoxe un peche histórico no aeroporto de Peinador e só operarán avións baixo demanda.

Iberia é a única liña aérea operativa en Vigo, con tres voos a Madrid os martes, xoves e sábado, e terá que avisar con tres horas de antelación para utilizar os seus servizos. A crise polo coronavirus fixo desaparecer do aeroporto vigués os voos do resto das compañías. Isto, xunto coa caída de pasaxeiros, provoca a paralización dun cadro de persoal de 250 traballadores.

Aena planifica dous meses sen conexións aéreas. Ademais, o aeroporto pecha a pista tamén a desvíos de aeronaves ou posibles emerxencias.

Noticias web

30/03/2020