CRTVG

Buscar

Pechan e evacúan a Torre Eiffel para rescatar un home que a escalaba sen arnés

Publicado o 20/05/2019 20:24

Policía francesa e bombeiros afánanse na seguridade

A Torre Eiffel tivo que ser pechada esta tarde ante a irrupción dun home que intentaba escalar o monumento parisiense sen arnés nin dispositivo de seguridade e sen autorización.

Por precaución, tamén se evacuou os visitantes, aos que o suceso colleu por sorpresa no monumento.

Trátase dun home duns corenta anos e sen vinculacións terroristas, segundo informan medios franceses.

O escalador conseguiu chegar a uns 300 metros de altura, ao terceiro andar. Foi no segundo en que, segundo a empresa que xestiona a Torre, o viron por vez primeira.

Consideran que debeu acceder, coma calquera visitante, polo ascensor e actuar velozmente.

Foron horas de traballos de rescate para a policía e os bombeiros.

Efectivos de urxencia e de seguridade xa tiveran que actuar cando outras dúas persoas ascenderan tamén polas vigas da torre.

A estrutura ten 324 metros de altura. Hai unha semana, precisamente, conmemoraba o seu 130 aniversario. Cada ano visitan a Torre Eiffel uns 6.200.000 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019