CRTVG

Buscar

Pechan 26 polígonos de bateas pola marea vermella

Publicado o 18/02/2020 14:06

Apareceu antes do que é habitual e adiantouse un ou dos meses. O primeiro episodio de marea vermella do ano afecta xa 26 polígonos de bateas de mexillón en Galicia que están pechados.

A marea vermella é un episodio natural que se produce por microalgas presentes no fitoplancto mariño que forma parte do alimento dos moluscos. Pese ao peche de 26 bancos marisqueiros, o mercado non está desabastecido e o mexillón que se atopa pasa rigorosos controis de calidade. Dende o Intecmar realizan analíticas dúas veces ao día.

En Galicia hai máis de 3.300 bateas de mexillón.

 

 

Noticias web

18/02/2020