CRTVG

Buscar

Pechados catro parques de bateas pola presenza da toxina lipofílica

Publicado o 03/03/2019 14:31

A detección da coñecida marea vermella acaba de provocar a prohibición de extracción en varios polígonos bateeiros da ría de Muros e Noia e tamén afecta a unha subzona da ría de Pontevedra, concretamente en Bueu.

A aparición das biotoxinas mariñas, que non colle por sorpresa os mariñeiros nesta época, obrigou á Consellería do Mar a notificar o peche de tres polígonos na ría de Muros e Noia e un dos tres analizados en Bueu. A marea podería espallarse cara a outras zonas nas vindeiras semanas.

As toxinas lipofílicas afectan ao mexillón, que, porén, non ofrece riscos para o seu consumo sempre que se adquira en establecementos autorizados.

Noticias web

03/03/2019