Pechado ao tráfico un treito da PO-841 por mor dunha vertedura de gasóleo
Publicado o 05/10/2020 22:39
Atención se teñen previsto circular pola estrada comarcal que une a localidade da Estrada con Santiago, a PO-841. Unha vertedura de gasóleo obrigou a pechar a circulación nos dous sentidos dende o polígono de Toedo ata Vea.
Foi despois de que un tráiler saíra fóra da vía contra as seis e media da tarde, e rompera o depósito do combustible.
O gasóleo mesturado coa chuvia provocou varias pequenas saídas de vía, así que pecharon ao tráfico para limpar.
Aínda están a traballar na zona os bombeiros e a policía da Estrada, Protección Civil e o servizo de mantemento das estradas.
Máis sobre actualidade
23/01/2021 21:54