CRTVG

Buscar

Pechadas as pistas polideportivas de Santiago

Publicado o 24/10/2020 12:59
Pechadas as pistas polideportivas de Santiago

E así, pechadas, permanecen as preto de 80 pistas polideportivas de Santiago. Decidiuno o concello ante a imposibilidade de poder controlar que non se realicen aqui deportes de contacto por grupos de non conviventes. Por outra banda, permitirirase aos establecementos de hostalería utilizar as prazas de aparcamento da vía pública para ampliar as súas terrazas. Será ata abril, co fin de axudar a paliar o impacto económico neste sector.