Pecha un restaurante na Coruña tras o positivo en covid-19 dun camareiro

O restaurante Terreo Cociña Casual, situado no centro da Coruña, pechou as súas portas desde martes ata o 17 de agosto, despois de que un dos camareiros dera positivo en coronavirus, informou a Efe a propietaria do establecemento, Ana Señorís.
A persoa afectada, que permanece sen síntomas, decidiu facerse a proba o sábado ao decatarse de que un amigo seu, co que tivera contacto, estaba contaxiado. A propietaria do local, situado na rúa de San Andrés, decatouse este luns da noticia e decidiu non abrir o local.
Ademais, todos os empregados, un total de seis, permanecen en corentena nas súas casas tras poñerse en contacto coa Consellería de Sanidade.
"Decidimos pechar polo noso benestar e o de todos os clientes", conta Señorís. Ademais, a dona do Terreo Cociña Casual asegurou que recentemente o camareiro "non tivo contacto con ningún cliente", xa que os domingos e os luns non abren o restaurante.