CRTVG

Buscar

Pecha un local de ocio nocturno na Coruña pola falta de responsabilidade dos clientes

Publicado o 05/08/2020 15:21

Reabría as súas portas hai un mes despois do levantamento do estado de alarma. Agora, a sala INN, un dos referentes da noite coruñesa, pecha por tempo indefinido. Faino, segundo a xerencia do local, ante a falta de responsabilidade de moitos clientes, que non respectan o protocolo sanitario.

Os responsables da sala din que non se pode xeneralizar e apuntan á franxa de idade arredor dos 30 anos como a que máis problemas de adaptación está a ter. Aínda así, este peche reabre a polémica sobre a seguridade deste tipo de locais.

Os empresarios dos locais nocturnos agardan que con medidas coma esta os mozos se vaian concienciando dos perigos que pode ter o incumprimento das normas e se poida retomar, con precaucións, a actividade.

De feito, na Coruña manteñen abertos outros locais onde, segundo aseguran, si se están a respectar as esixencias sanitarias.

 

 

Noticias web

05/08/2020