CRTVG

Buscar

Pecha o último hospital de campaña de São Paulo para pacientes con covid-19

Publicado o 27/09/2020 11:37

Tras cinco meses funcionando e 3.189 pacientes atendidos, este sábado pechou o último dos tres hospitais de campaña abertos durante a pandemia da covid-19.

Os profesionais sanitarios foron homenaxeados polos corpos e forzas de seguridade e recibiron medallas polo seu labor, mentres o último paciente era recibido pola súa familia.

São Paulo, cuns 12 millóns de habitantes, é a cidade máis poboada do Brasil e contabiliza 34.877 mortes e case un millón de contaxios.

O Brasil supera os 140.000 falecidos e máis de 4,6 millóns de infectados, o que o sitúa como o segundo país do mundo con máis mortes debido á covid-19, só por detrás dos Estados Unidos, e o terceiro con máis contaxios, despois dos EUA e A India.

Noticias web

27/09/2020