CRTVG

Buscar

Pecha a sala Contrabajo, un emblema da música en directo na cidade de Vigo

Publicado o 09/10/2020 13:42

Un dos locais emblemáticos da música en directo na cidade de Vigo anuncia o seu peche definitivo. A xerencia do Contrabajo tira a toalla ante unha parada forzosa que semella non ter fin.

Moitos músicos que acadaron recoñecemento como Ari Magritte, Tinta, Alberto Cunha ou Summrá, e moitos máis, deron os seus primeiros pasos sobre este escenario. A filosofía sempre foi de concertos de pequeno formato para xente que empezaba, algúns novos valores mesmo foron atopados na rúa.

O local acolleu tamén o Imaxinasons. Foron catorce anos de ilusións e novas oportunidades para moita xente. O propietario do local perdooulle oito mensualidades, pero xa non pode facer fronte ao pagamento á SGAE nin á cota de autónomos.

Pablo foi o segundo empresario que tivo este local, empezou no sector hai algo máis dun ano; o peche do lecer nocturno, a limitación de ocupacións e o reducido do local foron afogando o soño deste emprendedor, e agora vese na obriga de apagar as luces e baixar a reixa.

Gustaríalle ser o primeiro do sector, pero tamén o último que bote o peche.

Noticias web

09/10/2020