CRTVG

Buscar

Pasa a disposición xudicial o autor confeso do asasinato de Manuela Chavero

Publicado o 20/09/2020 21:31

Facíao tras concluír a reconstrución dos feitos na súa vivenda, lugar onde confesou que morreu Manuela hai catro anos. O detido mantén que a morte da de Monesterio foi accidental. Eugenio Delgado, de 28 anos, chegaba aos xulgados de Zafra, en Badaxoz, contra as sete e media da tarde, tan só media hora antes de que expirase o prazo que tiñan os axentes para levalo ante o xuíz. A súa chegada foi increpado polos veciños ao berro de asasino.

 

Noticias web

20/09/2020