CRTVG

Buscar

A Garda Civil busca un dos asaltantes dunha vivenda en Boborás que fuxiu

Publicado o 20/05/2019 20:02

Este era o momento en que pasaba a disposición xudicial no Carballiño o único detido, polo de agora, polo asalto esta fin de semana a vivenda de dous anciáns en Pazos do Arenteiro. Foi perseguido e retido polos propios veciños ata a chegada da Garda Civil. Está acusado dos delitos de roubo con forza en grao de tentativa, ameazas e lesións leves. O acontecido ten moi preocupados os veciños.

O asalto tivo lugar a plena luz do día. O outro asaltante conseguiu fuxir, e a Garda Civil aínda o está buscando.

A coidadora do matrimonio de anciáns atopounos na casa atados e amorzadazos. Na vivenda había dous individuos coa cara tapada que lles pedían as chaves da caixa forte. Ela conseguiu soltarse cando marcharon e pedir axuda. 

 

Noticias web

20/05/2019