CRTVG

Buscar

Partido Popular e Ciudadanos consideran "inaceptable" o encontro de Zapatero con Maduro

Publicado o 08/02/2020 20:06

Pedro Sánchez e o seu Goberno desmárcanse dese encontro de Zapatero con Maduro a traves dunha nota do Ministerio de Asuntos Exteriores, na que se indica que o ex-presidente do executivo viaxou a Venezuela "en condición de cidadán particular". No ámbito político producíronse ademais outras reaccións, entre as que destaca a censura explícita do Partido Popular e Ciudadanos a ese encontro.

Desde O PSOE, Adriana Lastra sinalaba xenericamente:  "Mentres nós falamos de subir o salario mínimo, as pensións, o salario dos funcionarios, a lei de eutanasia, pois eles falan de Bolivia, de Venezuela, dentro de pouco falarán de Cuba, de calquera cousa menos do que realmente interesa".

A voceira do PP no Congreso,  Cayetana Álvaraez de Toledo, cualificaba como "inaceptable" a situación: "Dáme vergoña como española que o ex-presidente do Goberno de España traballe activamente para unha ditadura, unha ditadura que foi condenada e sancionada por parte das institucións europeas e tamén por Nacións Unidas".

"Que explique dunha vez o Goberno de España en que condición está Zapatero negociando non se sabe qué co ilexítimo goberno de Maduro", era o pedimento formulado por Edmundo Bal, voceiro adxunto de Cs no Congreso,

Noticias web

08/02/2020