CRTVG

Buscar

Parte do norte peninsular segue en aviso amarelo por nevadas

Publicado o 17/11/2019 20:42

A neve mantén en aviso amarelo as zonas máis altas de Castela e León, A Rioxa e Asturias e unha vintena de estradas pechadas ou en que se precisan cadeas, a maioría portos de montaña do norte peninsular.

As imaxes que vemos son do Principado de Asturias, onde algunhas aldeas quedaron sen luz e tiveron que botar man de xeradores.

A cara amable das nevaradas adiantadas dos últimos días atopámolas en estacións de esquí, coma esta de Formigal, en Huesca, que xa abriu a temporada.

A AEMET prevé retirar os avisos por nevadas ao longo da madrugada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019