CRTVG

Buscar

Pare no Hospital Central de Asturias por orde xudicial

Publicado o 26/04/2019 18:39

 

 

A muller obrigada por orde xudicial a parir no hospital de Oviedo deu a luz por cesárea esta madrugada. Quería parir na casa, pero cando o embarazo pasaba as 42 semanas os médicos dixéronlle que o bebé corría perigo o ordenaron o ingreso hospitalario.

A policía foi buscar á casa a muller para levala a parir ao Hospital Central de Asturias. Levaba unha orde xudicial ditada despois de que, horas antes, os médicos lle fixeran un recoñecemento e lle dixeran que, ao non poñerse de parto malia ao avanzado da xestación, o feto podía correr riscos. A embarazada e a súa parella tiñan decido ter o fillo na casa, e cando chegou a policía o home resistíase a ir ao hospital. Tamén unha matrona que estaba con eles no domicilio dixo que xa empezaran as contraccións e que non facía falta trasladala. Finalmente, a policía convenceunos e a muller foi ao hospital. Esta madrugada deu a luz por cesárea. Tanto ela como o bebé están ben.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019