CRTVG

Buscar

Para Gómez-Reino, sería "unha magnífica noticia" que Yolanda Díaz fose ministra

Publicado o 08/12/2019 13:58

O líder de Podemos en Galicia está convencido de que antes de final de ano haberá un acordo de goberno no estado liderado polo PSOE. Nese executivo, Antón Gómez ve factible que a deputada galega Yolanda Díaz sexa ministra.

"Todo o mundo é consciente de que sería unha magnifica noticia que Yolanda Díaz fose unha ministra nese executivo porque sería unha persoa fundamental para defender as maiorías sociais do conxunto do estado e os traballadores e traballadoras de Galicia. Agora ben, imos ver como acaban as negocacións, somos moi coidadosos e moi discretos. Creo que é o que hai que ser porque noutros casos este tipo de negociacións foron ao traste", di Gómez-Reino.

Noticias web

08/12/2019