CRTVG

Buscar

Para Fernando Vidal, a situación económica do Deportivo é "crúa e demoledora"

Publicado o 04/03/2020 15:12

• O presidente do Deportivo dixo que a débeda é de 104,8 millóns de euros

Fernando Vidal cualificou de demoledora a situación económica: "Estamos no medio dunha operación cirúrxica delicada. Un enfermo en estado moi crítico que só co esforzo compartido de todos os accionistas do club e mais de Abanca poderemos curar de xeito definitivo. As cifras son demoledoras. Temos que pagar arredor de 98 millóns de euros nos vindeiros 12 anos. Esa é a realidade do Deportivo. E estamos na Segunda División".

A ampliación de capital producirase en tres fases. As dúas primeiras servirán para rebaixar a débeda con Abanca. A terceira, para ampliar o capital ata un máximo de 35 millóns de euros: "Espero que sexa máis participativa que noutras ocasións e que o deportivismo se sume a este proxecto e que o esforzo sexa compartido coa entidade financeira Abanca".

A xunta de accionistas que deberá aprobar a capitalización da débeda de Abanca e a proposta de ampliación de capital social será o 17 de marzo. Catro días despois, empezará o proceso, que acabará o 24 de maio: "Os tempos márcaos que o antes posible temos que ter o presuposto para a temporada que vén polo límite salarial".

O club agarda que despois da ampliación a sociedade teña máis de 26.000 accionistas. Agora ten 25.000.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2020