CRTVG

Buscar

Page e Lambán volven pedirlle a Sánchez que non pacte con ERC

Publicado o 11/12/2019 15:06

Os baróns socialistas Javier Lambán e García-Page volven pedirlle a Sánchez que non pacte cos independentistas. Consideran que o Goberno de España non pode depender dos que máis desestabilizan, din.

Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha: "Eu para Reis o que non quero, como non creo que queiran ningún español nin ningunha española, é vaselina. Vaselina non queremos. Queremos ter uns bos Reis, un mellor 2020 e sobre todo ter a conciencia tranquila".

Javier Lambán, presidente de Aragón: "A ver se é posible saír deste diabólico labirinto en que estamos todos atrapados que faga innecesario o concurso dun partido tan indesexable para min para a gobernabilidade de España como é Esquerra Republicana de Cataluña".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019