CRTVG

Buscar

Paco Zas recoñece na TVG que non lle molesta que o consideren "herdeiro" de Tino Fernández

Publicado o 23/05/2019 20:41

A Paco Zas non lle molesta ser considerado o herdeiro de Tino Fernández.

"Para min non é unha acusación que me declaren continuísta de todo o bo que fixo Tino Fernández para o Deportivo", recoñece o candidato á presidencia do club herculino.

Así e todo, asegura que o aínda presidente non lle garantíu o seu apoio, como si fixeron xa un bo feixe doutros accionistas.

"Dende unha acción a algunha de milleiros de accións. Se tamén me vota Tino Fernández? Pois oe, encantado", di Zas.

O lema de Paco Zas é a estabilidade. No deportivo, mantén a aposta por Carmelo del Pozo. En primeira e mesmo en segunda, "non se pode tirar pola borda un traballo feito. Se ti prescindes del hai que pagarlle un ano que lle queda, así que xa empezabamos ben nese aspecto tamén, pero imos traer outra persoa que vai empezar de cero outra vez... Por Deus, imos ter un pouco de tranquilidade", pide o candidato.

Quere chegar a primeira canto antes, pero lembra que o Deportivo afronta aínda unha débeda de 80 millóns de euros.

"Cando un vai sacar o carné sabe que unha parte vai para pagar esa débeda. Enganariamos a xente se non partísemos desa base, a partir de aí por suposto que hai que traballar con esa débeda moitísimo máis, hai que acertar máis, hai que esixir máis", lembra Zas.

Para o resto de candidatos, máximo respecto. O mesmo que pide para el.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019