CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias trasládalle ás organizacións agrarias o apoio do Goberno ás súas reivindicacións

Publicado o 18/02/2020 21:04

Pablo Iglesias trasládalles ás organizacions agrarias o apoio do Goberno as súas reivindicacións.
Así o aseguraron os responsables de ASAJA, COAG e UPA tras reunirse co vicepresidente segundo e a ministra de Traballo. Yolanda Diaz tamén lles pediu desculpas polo plantón da semana pasada. As asociacións profesionais agrícolas pediron a creación dunha comisión interministerial sobre os seus problemas. E Traballo comprometeuse a crear unha mesa específica de diálogo social para o agro.

"É unha reunión que eu catalogo de normal, de traballo. Pero eu non podo aínda ofrecerlle nada á xente que está na rúa. Que pode ser o inicio do comezo? Si. Pero eu aínda non podo ofrecer nada", dixo o presidente de ASAJA, Pedro Barato.

TOTAL: Miguel Blanco. Secretario xeral de COAG
"A porta abriuse. Hai un compromiso permanente de tratar todas as cuestións que nos afectan como profesionais do sector agrario. E iso quizais sexa o máis positivo porque se vai constituír xa de maneira formal", asegura Miguel Blanco, secretario xeral de COAG.

 

Noticias web

18/02/2020