CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias, reelixido secretario xeral de Podemos co 92,2% dos apoios

Publicado o 21/05/2020 23:10
Pablo Iglesias, reelixido secretario xeral de Podemos co 92,2% dos apoios

Pablo Iglesias foi reelixido secretario xeral de Podemos no marco da Terceira Asemblea Cidadá da formación ao recibir un 92,2 por cento dos apoios dos rexistrados que participaron na votación. En concreto, a lista Un Podemos contigo, que encabeza o vicepresidente do Goberno, obtivo 53.167 votos, o 92,2% dos sufraxios emitidos, un total de 59.201 rexistrados que exerceron o seu dereito a voto de maneira telemática. Ademais de Iglesias, foron elixidos 89 membros da lista gañadora para ocupar o Consello Cidadán Estatal.

O outro candidato que se presentaba á Secretaría Xeral, Fernando Barredo, quedou no 7,8% (4.503 votos).

En total, participaron nestas votacións telemáticas 59.201 rexistrados e rexistradas, cifra igual á rexistrada nas últimas primarias ao Congreso.

Podemos concluíu este xoves as votacións da súa terceira asemblea, un proceso integramente telemático orientado a conseguir un partido máis clásico, sen limitacións de mandato nin topes salariais. 

Noticias web

21/05/2020