CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias: "O bloque da moción de censura está chamado a dirixir o Estado"

Publicado o 05/12/2019 13:36
Pablo Iglesias: "O bloque da moción de censura está chamado a dirixir o Estado"

O líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, asegurou este xoves que "o bloque da moción de censura", no que inclúe a ERC, ao PNV e a EH Bildu, e que en xuño de 2018 levantou a Pedro Sánchez á Presidencia do Goberno "está chamado a asumir a responsabilidade da dirección do Estado".

Iglesias fixo esta afirmación nun acto no Congreso, ao que acudiu para falar do libro que publicou hai un ano e que escribiu xunto ao xornalista Enric  Juliana.

Responsabilidade que corresponde, por tanto, ao PSOE e a Unidas Podemos, formacións que están a negociar un posible Goberno de coalición para o caso de que frutifique a investidura, pero tamén, segundo Iglesias, a ERC, ao PNV e a EH Bildu, partido do que o líder de Podemos destacou a súa viraxe cara a posicións pragmáticas.

Iglesias tamén se referiu ás últimas declaracións de Sánchez sobre as negociacións do seu partido con ERC, nas que o presidente en funcións dixo que estarán enmarcadas na Constitución e na legalidade. Sinalou respecto diso que "só faltaría" saírse dos límites das leis.