CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias non considera "inimigo" o partido de Errejón

Publicado o 28/09/2019 15:42

Pablo Iglesias insistiu nunha idea de referencia: Unidas Podemos é a "peza maior a cazar" nas próximas eleccións e incidiu en que non están para apuntalar o bipartidismo, nin o sono prácido dos poderosos e do propio Pedro Sánchez.

Sobre Errejón e as desercións na formación morada foi conciliador: "Nós repectamos todos os partidos, tamén respectamos o partido de Iñigo Errejón. Os nosos adversarios non son os partidos e moito menos os partidos progresistas"

Contra Pedro Sánchez, unha batería de críticas. Iglesias dixo que o líder do PSOE "gañou as elección pedindo o voto da esquerda para que non gañara a dereita e acabou pedindo o apoio da dereita para que non goberne a esquerda". Explicou que Sánchez sabe que nun executivo con Unidas Podemos algunhas cousas ían cambiar: "Se nos estamos aí, as alfombras levántanse e a corrupción do bipartidismo vaise investigar ata o final. Se nós estamos aí vai ser difícil facer o de sempre, dicir unha cousa en campaña e facer o contrario no goberno. Se nós estamos aí e chega unha recesión, como algúns analistas económicos pronostican, os rcortes faranse por arriba e non por abaixo. Se nós estamos aí, os alugueres e a factura da luz terán que baixar".

Para a militancia de Unidas Podemos deixou unha mensaxe: afirmou que van tentar desmoralizalos e que baixen os brazos para que sigan gobernando os de sempre.

Noticias web

28/09/2019