CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias, en mans de catro xuíces do 'procés'

Publicado o 08/10/2020 08:30

O que pasou ata o de agora foi que o xuiz da Audiencia Nacional atopa indicios de posible delito e dá traslado do caso ao Supremo, porque o Vicepresidente do Goberno é aforado e só pode ser xulgado polo alto tribunal.

Agora, se a Sala de Admisións do Tribunal Supremo lle da para adiante, nomeará un instructor e enviará un suplicatorio ao Congreso para poder investigar a Pablo Iglesias. Unha vez recibido, este suplicatorio terá que ser aceptado pola maioría da Cámara nun prazo de 60 dias hábiles, tal e como indican os artículos 13 e 14 do seu Regulamento. O habitual é que o Congreso acepte este tipo de peticións. De feito, o último suplicatorio denegado é do ano 1988.

A xurisprudencia do Constitucional indica que a inmunidade parlamentaria é unha prerrogativa, non un espazo de impunidade, e que as Cortes so poden negar a investigación dun deputado se a causa penal se estivera utilizando “coa intención de perturbar o seu funcionamento ou composición”.
Ata o de agora, o Congreso dos Deputados aceptou 32 suplicatorios; o último, o pasado mes de xuño, da voceira de Junts per Catalunya na cámara baixa, Laura Borrás.

Noticias web

08/10/2020