CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias e María Jesús Montero protagonizan unha conversa tensa no Congreso

Publicado o 16/12/2020 16:16

O pleno desta mañá deixou esta imaxe: unha conversa nos corredores entre o vicepresidente segundo do Goberno e a ministra de Facenda que captaron varios medios e que definen como tensa. Segundo transcribiron, María Jesús Montero chega a dicirlle a Iglesias que non sexa teimudo.

A conversa ten lugar nun contexto de desencontros entre os dous socios de Goberno en temas como a suba do salario mínimo ou o decreto para prohibir os desafiuzamentos. Tamén se refería a estes asuntos no pleno o voceiro de Podemos, que lle pedía valentía a Pedro Sánchez.

Noticias web

16/12/2020