Pablo Casado pídelle ao Goberno "que deixe de pelexar"
O líder popular pídelle ao Goberno "que deixe de pelexar" porque na loita contra a violencia de xénero, di Casado, todos deben remar na mesma dirección. Casado lamenta que o Executivo se enrede en leis que, na súa opinión, son pouco eficaces.
Pablo Casado facía esta declaración durante a clausura do programa Muller por riba de todo, que o Partido Popular elaborou para este 8-M.
Con motivo desta celebración, o PP difundiu un vídeo en que nove mulleres con cargos públicos se presentan e reivindican a igualdade. Amais, cada unha delas fala de mulleres doutros partidos e loan as súas calidades. Andea Levy empatiza con Ada Colau, Ana Pastor destaca a intelixencia de Gloria Elizo, Cayetana Álvarez de Toledo a valentía de Inés Arrimadas, e Ana Beltrán comparte con Irene Montero o sufrimento polo nacemento prematuro dos seus fillos.