CRTVG

Buscar

Pablo Casado pídelle ao Goberno que actúe en defensa da lei en Cataluña

Publicado o 21/10/2019 08:09

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, pediulle ao goberno que dea a orde de actuar en defensa da lei en Cataluña a mil gardas civís que aínda están á espera no porto de Barcelona. Nun acto do seu partido en Toledo, sobre as pensións e o emprego, Casado asegurou que desde a sentenza do procés a baixada da actividade económica en Cataluña foi de 600 millóns de euros. O líder dos populares cifrou o custo diario do corte de estradas en vinte e cinco millóns de euros. Casado dixo non entender a que estaba esperando o goberno para destinar máis medios a frear a violencia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019