CRTVG

Buscar

Pablo Casado defende en San Cibrao o futuro de Alcoa

Publicado o 05/03/2020 14:58

O presidente do Partido Popular viaxou á Mariña para defender a viabilidade de Alcoa San Cibrao. En decembro xa se reunira en Génova co comité de empresa da planta, co que se comprometeu a buscar medidas para asegurar un prezo da enerxía que faga competitiva a fabricación de aluminio.

Hoxe Casado escoitou os temores dos traballadores, que están pendentes da resposta do Goberno ás alegacións que fixeron ao Estatuto do consumidor electrointensivo.

Na súa visita a Cervo, o líder popular estivo acompañado polo secretario xeral do PP galego e polo vicesecretario de Organización, o deputado por Lugo Jaime de Olano.

 

Noticias web

05/03/2020