CRTVG

Buscar

Pablo Casado critica que haxa ministros que "se estean a pisar a mangueira"

Publicado o 07/03/2020 15:22

O presidente do PP, Pablo Casado, participou nun acto de precampaña do candidato a lehendakari da coalición PP+Ciudadanos, Carlos Iturgaiz.
Nese acto tamén estiveron membros da formación laranxa, entre eles Carlos Carrizosa. Na súa intervención, Pablo Casado defendeu a coalición por ser, dixo, algo "necesario, sensato e responsable" "para defender principios e valores moi en risco no País Vasco..." Casado gabou a figura de Iturgaiz e criticou o Goberno de Pedro Sánchez, por ser "refén", dixo, de Bildu e do PNV e por ter ministros, asegurou, que "se están a pisar a mangueira" na causa feminista.

"Se fas como fai o Goberno, estanse a insultar ministros uns a outros, pisándose a mangueira e incluso botando dun par tido como IU ás organizacións feministas non se fai nada a favor da muller. É como quen intenta remar só por un lado e ao final a barca comeza a dar voltas, nese bucle é no que está instalado o Goberno de Pedro Sánchez"

Noticias web

07/03/2020