CRTVG

Buscar

Ozmizrak estará un mes de baixa cunha escordadura no nocello

Publicado o 08/09/2020 19:33


Contratempo no Monbus Obradoiro, lesionouse Kartal Ozmizrak. O base turco sofre unha escordadura de nocello con rotura de ligamentos na perna dereita. Ozmizrak atópase en tratamento de fisioterapia e o tempo estimado de inactividade é dun mes, perde o inicio de temporada. Ozmizrak mancouse no amigable do pasado venres co Guipúscoa no Sar.

Noticias web

08/09/2020