CRTVG

Buscar

Outubro, mes de cruceiros en Vigo

Publicado o 07/10/2019 20:27

Queren levar un último recordo da cidade para lembrar a súa estadía en Vigo. Eles son só algúns dos máis de 3.600 pasaxeiros que van a bordo do Explorer of the Seas. Chegaron procedentes de Southampton e para moitos deles é a primeira vez que veñen a Vigo.

Gustounos a zona vella, creo que a cambiaron e modernizaron, di esta muller que vén dende Londresa. Comenteillo ao meu fillo que está en Hong Kong porque lle gusta viaxar e recomendeillo.

"É un sitio fántastico para xente turista coma min", di esta filipina. "Moi bo para facer compras, a xente é encantadora".

O barco ten 311 metros de eslora e todo tipo de comodidades a bordo como pisicnas, restaurantes con diferentes temáticas pero aos pasaxeiros o que lles gusta é coñecer a cidade e gozar do bo tempo que hai a pesar de ser xa outono.

Encántame, é moi acolledora, o tempo fantástico e a xente moi acolledora manifesta esta señora que vén dende Mississippi.

O tempo é espectacular, igual co sorriso da xente española destaca esta pasaxeira.

Ao longo deste mes de outubro chegarán a Vigo 7 transatlánticos máis. O Saphire Princess atracará o mércores no porto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019