CRTVG

Buscar

Ourense marcará este sábado as temperaturas máximas de España

Publicado o 12/09/2020 14:26

 Segundo as previsións da Axencia Estatal de Metereoloxía, a zona do Miño e do Noroeste de Ourense están en aviso amarelo por temperaturas superiores aos 36 graos. No Ribeiro mesmo poden chegar aos 38 graos. Isto cando estamos a mediados de setembro, a pouco máis dunha semana para despedir o verán. Xa no día de onte, venres, Ribadavia con 37 graos rexistrou xunto con Badaxoz as temperaturas máis altas de España.

Noticias web

12/09/2020