CRTVG

Buscar

Ourense é a área sanitaria de Galicia onde máis medran os casos

Publicado o 27/09/2020 14:47

Increméntanse ata 728 os casos activos na área de Ourense, 39 máis ca onte, pero os novos positivos aínda medran máis, son 57.

Fronte á alta incidencia de contaxios na cidade de Ourense, que con 232 casos por cada 100.000 habitantes duplica a taxa galega, están os concellos en que non se rexistra ningún positivo. É o caso de Punxín, que non chega aos 700 habitantes.

Maside, Petín, O Bolo, Porqueira, Sandiás e así ata 27 concellos na provincia de Ourense están libres de coronavirus dende hai un mes, segundo un informe ao que tivo acceso La Voz de Galicia.

En Galicia son 49 os municipios que levan catro semanas sen positivos, pero son concellos pequenos que supoñen en total o dous por cento da poboación galega.

Noticias web

27/09/2020